Nesta páxina poderá atopar información relativa os distintos servicios cartográficos que ofrece o portal.
Caza e Pesca. Normas xerais ou particulares que afectan o exercicio da caza e da pesca. En canto a caza ofrécese información sobre os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se pode exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións que afectan á actividade cinexética. Mentras que no ámbito da pesca mostra coutos, tramos e réximes especiais.
Visor Xeográfico de Conservación da Natureza. Contén información cartográfica relativa aos espazos naturais e á biodiversidade presentes no ámbito da Comunidade Autónoma, estructurada en agrupacións de capas segundo a súa tipoloxía.
Mapa de Puntos Limpos de Galicia. Información relativa aos Puntos Limpos de Galicia (horarios de apertura, dirección, teléfonos de atención ao público), así como o servizio de busca no mapa.
Mapa de humedais de galicia: Mapas dos humidais de Galicia por provincia en formato PDF e listaxes por provincia en formato XLS.
Mapa de solos de Galicia: A elaboración dun mapa de solos de Galicia a escala 1:50.000 é a base fundamental para calquera estudio de prevención e establecemento do uso do solo, tendo en conta, ademais, que o solo é o principal sistema protector dos medios hídricos e bióticos fronte á contaminación, razón pola cal debe coñecerse a súa sensibilidade e resistencia fronte ós distintos axentes degradativos. Deste xeito a Consellería pon á disposición do cidadán un novo elemento de información por medio do mapa do solos do SIAM. A día de hoxe están dispoñibles os seguintes mapas: