Inicio Cartografía Servizos cartográficos

Servizos cartográficos

Servizos cartográficos inventariados.

Nesta páxina poderá atopar información relativa os distintos servicios cartográficos que ofrece o portal.

  • Caza e Pesca. Normas xerais ou particulares que afectan o exercicio da caza e da pesca. En canto a caza ofrécese información sobre os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se pode exercer, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións que afectan á actividade cinexética. Mentras que no ámbito da pesca mostra coutos, tramos e réximes especiais.
  • Visor Xeográfico de Conservación da Natureza. Contén información cartográfica relativa aos espazos naturais e á biodiversidade presentes no ámbito da Comunidade Autónoma, estructurada en agrupacións de capas segundo a súa tipoloxía.
  • Mapa de Puntos Limpos de Galicia. Información relativa aos Puntos Limpos de Galicia (horarios de apertura, dirección, teléfonos de atención ao público), así como o servizio de busca no mapa.
  • Mapa de humedais de galiciaMapas dos humidais de Galicia por provincia en formato PDF e listaxes por provincia en formato XLS.
  • Mapa de solos de Galicia: A elaboración dun mapa de solos de Galicia a escala 1:50.000 é a base fundamental para calquera estudio de prevención e establecemento do uso do solo, tendo en conta, ademais, que o solo é o principal sistema protector dos medios hídricos e bióticos fronte á contaminación, razón pola cal debe coñecerse a súa sensibilidade e resistencia fronte ós distintos axentes degradativos. Deste xeito a Consellería pon á disposición do cidadán un novo elemento de información por medio do mapa do solos do SIAM. A día de hoxe están dispoñibles os seguintes mapas:
  1. Ortigueira
  2. Celeiro
  3. San Salvador de Serantes
  4. Cedeira
  5. Viveiro
  6. Sisargas Carballo
  7. A Coruña
  8. Pontedeume
  9. Laxe
  10. Betanzos
  11. Oza dos Ríos
  12. Muxía
  13. Santa Comba
  14. Ordes
  15. Outes
  16. Santiago de Compostela
  17. Arzúa
  18. Noia
  19. Padrón
  20. Pontevedra
  21. Ponte-Caldelas