Inicio Medio natural Mapa de humedais de Galicia

Humedais Galiza

Inventario de zonas húmidas de Galicia

As zonas húmidas son espazos naturais escasos e delicados, que proporcionan un gran número de recursos e constitúen un valioso patrimonio natural. Neste sentido, a finalidade do inventario, aínda que non implique de por si a aplicación de ningún réxime de protección nestes espazos, é preservar e destacar o papel que xogan as zonas húmidas para o coidado e a protección da biodiversidade, xa que albergan hábitats de grande interese e estratéxicos para a supervivencia de moitas especies.

LEXISLACIÓN:

  • RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se inclúen duascentas cincuenta zonas húmidas e se actualizan outras dez no Inventario de zonas húmidas de Galicia.

 

A relación dos elementos inventariados e a súa xeolocalización  está á disposición da cidadanía a través do visor do patrimonio natural galego do Instituto de Estudos do Territorio - IET.

https://mapas.xunta.gal/visores/conservaciondanatureza/