EIONET é a Rede Europea de Información e Observación do Medio Ambiente, da Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA). Tanto EIONET como a AEMA foron creadas como un único organismo polo Regulamento CEE 1210/90, iniciándose o seu funcionamento en 1994.
EIONET é unha rede de organismos que, no ámbito europeo, colaboran na subministración da información que precisan os Estados membros e a Comisión da Unión Europea para adoptar as medidas necesarias de protección do medio ambiente.
A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é o Punto Focal Autonómico da rede EIONET para a Comunidade Autónoma de Galicia.
A AEMA concibiuse como un organismo capaz de coordinar, analizar e facer un uso estratéxico da información medioambiental no ámbito europeo. Os obxectivos da AEMA son:
Características de la rede EIONET
Ligazon/s relacionadas