A segregación, identificación e envasado dos residuos sanitarios nos centros nos que se xeran ten unha grande importancia para reducir ao mínimo a posibilidade de contaminación cruzada, evitar que os residuos reciban un tratamento inadecuado, e previr os riscos laborais e ambientais derivados dunha xestión incorrecta
Son residuos xerados nas actividades de prestación de coidados sanitarios nos servizos médicos veterinarios ou de investigación asociada. Estes residuos están dentro do ámbito de aplicación do Decreto 460/1997, do 21 de novembro, polo que se establece a normativa para a xestión dos residuos dos establecementos sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.
A competencia para a concesión de autorizacións administrativas e o control dos residuos en Galicia corresponde á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e á Consellería de Sanidade.
Para poder realizar unha correcta xestión dos residuos xerados na actividade sanitaria, é necesario ter un coñecemento destes, encadrándoos dentro dos grupos establecidos pola Orde MAM/304/2002. Así mesmo, debe terse claro qué tipo de residuo sanitario se está xerando para poder adoptar as medidas axeitadas para o seu manexo, establecidas no Decreto 460/1997.
Dentro da Lista Europea de Residuos, os residuos sanitarios quedarían englobados dentro do grupo 18 (Residuos de servizos médicos ou veterinarios ou de investigación asociada):
LER |
DESCRICIÓN |
1801 |
Residuos de maternidades, do diagnóstico, tratamento ou prevención de enfermidades humanas |
180101 |
Obxectos cortantes e punzantes (excepto os do código 18 01 03) |
180102 |
Restos anatómicos e órganos, incluídos bolsas e bancos de sangre (excepto os do código 18 01 03) |
180103* |
Residuos dos que a recolla e eliminación é obxecto de requisitos especiais para previr infeccións |
180104 |
Residuos dos que a recolla e eliminación non é obxecto de requisitos especiais para previr infeccións (por exemplo, vendaxes, baleirados de xeso, roupa branca, roupa dun só uso, cueiros) |
180106* |
Produtos químicos que consisten en, ou conteñen, substancias perigosas |
180107 |
Produtos químicos distintos dos especificados no código 18 01 06 |
180108* |
Medicamentos citotóxicos e citostáticos |
180109 |
Medicamentos distintos dos especificados no código 18 01 08 |
180110* |
Residuos de amálgamas procedentes de coidados dentais |
1802 |
Residuos da investigación, diagnóstico, tratamento ou prevención de enfermidades de animais |
180201 |
Obxectos cortantes e punzantes (excepto os do código 18 02 02) |
180202 |
Residuos dos que a recolla e eliminación é obxecto de requisitos especiais para previr infeccións |
180203 |
Residuos dos que a recolla e eliminación non é obxecto de requisitos especiais para previr infeccións |
180205 |
Produtos químicos que consisten en, ou conteñen, substancias perigosas |
180206 |
Produtos químicos distintos dos especificados no código 18 02 05 |
180207 |
Medicamentos citotóxicos e citostáticos |
180208 |
Medicamentos distintos dos especificados no código 18 02 07 |
Segundo o Decreto 460/1997, do 21 de novembro, os residuos sanitarios clasifícanse nos seguintes grupos:
Clase I : Residuos sólidos urbanos
Trátase de residuos xerados en áreas dos centro sanitarios nas que non se realizan actividades especificamente sanitarias e que, por non presentar risco específico para a saúde, non requiren precaucións especiais para a súa xestión ni no interior ni no exterior deses centros.
Estarían incluídos nesta categoría os residuos xerados en oficinas, almacenes, salas de espera, cafeterías, comedores, etc (papel, cartón, vidro, madeira, restos de comida, material de xardinería e outros residuos asimilables ós domésticos).
Tamén se incluirán nesta categoría os residuos procedentes de pacientes non infecciosos, os de pacientes infecciosos non incluídos nas clases II e III, e os residuos de clase III que foron sometidos a algún proceso de desinfección, previo á súa eliminación.
Clase II : Residuos sanitarios asimilables a urbanos
Serían os residuos xerados como resultado da actividade sanitaria propiamente dita, procedentes de pacientes non infecciosos, ou de infecciosos non incluídos na clase III dos que o seu risco específico se limita ao interior dos centros sanitarios (material de curas, tubuladuras, xesos, filtros de diálises, sondas, guantes e outros desbotados quirúrxicos, etc.).
En xeral, pertencerá á clase II calquera material contaminado con sangue, secrecións ou excrecións, e de características similares de pacientes non incluídos na clase III.
Clase III : Residuos sanitarios especiais
Inclúense nesta clase os residuos que, por presentar un risco específico para a saúde laboral e pública ou para o medio ambiente, ou por consideracións de tipo ético ou estético, deben observarse especiais medidas de prevención, tanto na súa xestión intracentro como na extracentro.
Clase IV : Residuos de naturaleza química e outros.
Residuos de natureza química, e outros tipificados en normativas singulares e que, na súa xestión, están suxeitos a requisitos especiais desde o punto de vista sanitario e ambiental, tanto dentro como fora do centro sanitario.
O Decreto 460/1997, do 21 de novembro, distingue dous tipos de xestión para os residuos sanitarios:
O citado decreto indica o tipo de tratamento que se lle debe dar aos residuos de clase III. O resto de residuos deberán xestionarse en función da súa perigosidade en plantas de tratamento de residuos axeitadas.
Na seguinte táboa resúmese o tipo de tratamento que se lle deberá dar aos residuos sanitarios en función da súa clase.
Clase de residuo sanitario |
Xestión extracentro |
CLASE I: Residuos sólidos urbanos |
Transporte e Tratamento: Como a xestión dos RU de Galicia definida no Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia en vigor. |
CLASE II: Residuos sanitarios asimilables a urbanos. |
Transporte: Como residuos non perigosos.
Tratamento: xestión de residuos non perigosos por xestor autorizado ou entrega a xestor municipal segundo as Ordenanzas municipais; actualmente o seu destino é o vertedoiro de residuos non perigosos. |
CLASE III: Residuos sanitarios especiais |
Transporte:
Tratamento: estes residuos poderán tratarse por calquera das seguintes operacións:
|
Grupo 1 infecciosos |
|
Grupo 2: Cultivos e reservas de axentes infecciosos e o material desbotado en contacto con eles. |
|
Grupo 3: Filtros de diálises de pacientes infecciosos. |
|
Grupo 4: Líquidos corporais, sangue e hemoderivados en forma líquida, envasados en cantidades superiores a 100 mL. |
|
Grupo 5: Residuos cortantes e punzantes |
|
Grupo 6: Residuos anatómicos humanos de escasa entidade |
|
Grupo 7: Residuos de animais infecciosos |
|
Grupo 8: Residuos procedentes da actividade sanitaria contaminados pola enfermidade de Creutzfeldt-Jakob |
Estes grupos de residuos deberán ser eliminados unicamente despois de ser sometidos a un proceso de incineración. |
Grupo 9: Residuos de medicamentos citostáticos |
|
CLASE IV: Residuos de natureza química |
Transporte: Como residuos perigosos.
Tratamento: xestión de residuos perigosos por xestor autorizado segundo a súa natureza. |
Para poder realizar actividades de xestión de residuos sanitarios será necesario inscribirse no rexistro para a/s operación/s que se vaian realizar. No caso das operación de tratamento de residuos, debe terse en conta qué tipo de residuos sanitarios se van tratar, codificados segundo a Lista Europea de Residuos, e segundo o decreto de sanitarios (Clase I, II, III ou IV). É importante saber o destino dos materiais de saída do proceso, para determinar se se trata de unha operación de valorización ou de eliminación.
A solicitude de autorización como xestor de valorización ou eliminación de residuos sanitarios, debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xuño, de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema aquí .