A utilización de produtos fitosanitarios e zoosanitarios da lugar a dous tipos de residuos:
- O contido orixinal do envase: en moitas ocasións o feito de que nestes envases permanezan restos das substancias que formaron parte do seu contido (produtos fitosanitarios e zoosanitarios) fai que estes pasen a seren considerados como residuos perigosos, e a súa xestión deba realizarse a través de xestores de residuos autorizados para a xestión de residuos perigosos.
- O propio envase: a práctica de abandono ou incineración inadecuada supón, un deterioro paisaxístico e un problema de emisión incontrolada de contaminantes respectivamente. En ámbolos dous casos, a xestión incontrolada deste tipo de envases e residuos de envases dá lugar a un risco de difusión de contaminantes en aire (emisión de contaminantes por incineración), augas e solo (difusión de substancias contaminantes por vertido incontrolado).
Para máis información con respecto á xestión dos residuos de envases fitosanitarios, pinche aquí .