Inicio Cambio climático CLIGAL Ámbitos de estudo Evolución do clima de Galicia en escenarios climatolóxicos

CLIGAL Evolución Clima

Grupo de Traballo de Meteoroloxía e Clima

Xustificación, institucións, coordinadores e contidos no ámbito da evolución climática.

Xustificación

O principal obxectivo de este grupo de traballo e o estudo da evolución do clima en Galicia, partindo da análise das tendencias observadas nos últimos anos e súa probable evolución baixo distintos escenarios climatolóxicos.

Deste xeito, analizaranse as tendencias observadas ata o momento actual e a súa modelización futura nas principais variables meteorolóxicas (temperatura, precipitación...), nalgúns índices derivados de especial interés (balance hídrico, índice de seca...) e nos principais índices de teleconexión (NAO, EA...)

A caracterización das tendencias observadas no clima actual é especialmente importante por ser a evidencia máis directa da existencia do cambio climático en Galicia, facilmente comparable con outros estudos realizados a distintas escalas espaciais. A existencia de tales tendencias é, ademais, unha das premisas das que parten moitos dos traballos deste proxecto. Por todo esto, o estudo das tendencias en temperatura e precipitación farase moi pormenorizado, partindo dun conxunto de series revisadas exhaustivamente para garantir a calidade dos seus rexistros diarios e a homoxeneidade dos seus valores mensuais.

Por outra banda, a modelización dos escenarios futuros, tanto nas variables puramente meteorolóxicas utilizadas neste apartado coma aquelas usadas noutros puntos do proxecto, parten da execución dun modelo climático que adaptarase a Galicia cunha resolución espacial de 25 km.

Os productos finais desde grupo de traballo serán: i) informe técnico (un por cada contido), con estructura de capítulo de libro científico/divulgativo; ii) resumen executivo con recomendacións finais; iii) base de datos diarios revisados de rexistros históricos de precipitación e temperatura e iv) saída do modelo climatolóxico para distintas variables.

Institucións participantes

Coordinadores

  • Raquel Cruz Guerrero (Meteogalicia, CMADS).

Contidos

  • Tendencias observadas en variables meteorolóxicas (Temperatura e precipitación. Días de neve). Analizarase a evolución de valores medios (ou acumulados no caso da precipitación) e a frecuencia de valores extremos en distintas escalas temporais (anual, estacional, mensual). Responsables: Raquel Cruz, Ángeles Lago, Santiago Salsón e Ana Lage (Grupo de Clima, Meteogalicia)
  • Tendencias observadas en índices meteorolóxicos (balance hídrico, índice de seca, olas de calor). Responsables: Francisco Díaz-Fierros (USC). Grupo de clima de Meteogalicia.
  • Tendencias observadas en índices de teleconexión (NAO, EA, etc). Responsables: Juan Taboada (Meteogalicia), Nieves Lorenzo (UVI) y Luis Gimeno (UVI).
  • Modelización de escenarios futuros. Analizarase a evolución futura de tódalas variables nas que se analizou a existencia de tendencias recentes en apartados anteriores (Variables meteorolóxicas: Temperatura y precipitación. Días de neve. Índices meteorolóxicos. Índices de teleconexión). Responsables: Gonzalo Míguez (USC). Grupo de Clima de Meteogalicia.