O obxectivo xeral do estudo é a determinación de evidencias de cambio climático en Galicia e os posibles impactos que este fenómeno poida causar.
Os obxectivos específicos do estudo son:
Ao longo dos últimos anos fóronse acumulando evidencias de cambio climático e dos impactos sobre diferentes sectores e sistemas. Estanse realizando substanciais esforzos nacionais e internacionais na loita contra o cambio climático a través de accións de mitigación, isto é, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) á atmosfera e promovendo o seu secuestro. A pesar diso, o obxectivo último da Convención Marco de Nacións Unidas sobre Cambio Climático, a estabilización das concentracións atmosféricas de GEI está lonxe de alcanzarse e existe un consenso científico amplo sobre os futuros escenarios de cambio climático para os próximos decenios. Por iso, as accións de adaptación ao cambio climático que se proxecta, e cuxas primeiras evidencias xa se observan, considéranse absolutamente necesarias e complementarias das accións de mitigación. Mentres que as accións de mitigación requiren unha resposta conxunta e coordinada a nivel internacional, recoñécese que as accións e iniciativas de adaptación deben ser definidas e implementadas a nivel nacional ou rexional, pois os impactos e as vulnerabilidades son específicos de cada lugar.
Neste contexto, deseñouse un marco de actuación dirixido á xeración de coñecemento útil para o deseño de estratexias de actuación fronte ao cambio climático en Galicia. A propósito de existiren programas a nivel nacional coordinados pola Oficina Española de Cambio Climático (OECC), orientados a promover a xeración de datos, ferramentas e información relevante para o desenvolvemento de cada evolución de impacto, o presente proxecto centrarase na obtención de coñecemento a unha resolución tal, que permita mellorar a capacidade de deseño de estratexias de adaptación en Galicia, con respecto á que se obtería mediante a utilización da información obtida por estudos equivalentes realizados a unha escala espacial superior.