Inicio Cambio climático CLIGAL Ámbitos de estudo Ecosistemas mariños

CLIGAL Ecosistemas Mariños

Grupo de Traballo en Oceanografía e Medio Peláxico

Xustificación , institucións , coordinadores e contidos no ámbito dos ecosistemas mariños.

Xustificación 

Este grupo de traballo analizará as evidencias e impactos a longo prazo do cambio climático nos ecosistemas mariños de Galicia, centrándose nos seguintes aspectos:

  • Clima marítimo: condicións oceanográficas.
  • Diversidade, composición e producción das comunidades planctónicas.
  • Recursos explotables: pesca extractiva, marisqueo e acuicultura.

Abordarase o estudio particularizado das tendencias interanuais en resposta ó cambio climático de once contidos seleccionados pola súa sensibilidade, relevancia, facilidade de cuantificación e influencia directa sobre os sectores críticos. O ámbito xeográfico do estudio comprenderá as augas mariñas máis próximas a Galicia, incluíndo estuarios, rías, plataforma continental e augas oceánicas adxacentes. O estudio centrarase nas características fisicoquímicas da auga mariña e nos organismos que reciben a súa influencia directa, especificamente o plancto e peces peláxicos, anque tamén se tratarán os organismos cultivados extensivamente e os que son obxecto de marisqueo en parques de cultivo.

Os productos finais desde grupo de traballo serán:

  • i) informe técnico (un por cada contido1), con estructura de capítulo de libro científico/divulgativo, que inclúa as evidencias actuais e os impactos probables nos escenarios climáticos previstos para o 2070-2100.
  • ii) resumen executivo con recomendacións finais.
  • iii) base de índices oceanográficos do cambio climático e base de metadatos empregados no estudio.

Institucións participantes

Coordinadores

  • Xosé Antón Álvarez Salgado (Dpto. de Oceanografía, CSIC)
  • Antonio Bode Riestra (Centro Oceanográfico de A Coruña, IEO).

Contidos

  1. Marco climático mariño de Galicia na era preindustrial (variabilidade e tendencias da temperatura superficial e a composición do plancto no holoceno). Responsable: Guillermo Francés Ferraz (Dpto. de Xeociencias e Ordenación do Territorio, UVI).
  2. Índices climáticos mariños (índices climáticos e específicos do océano obtidos mediante rexistro instrumental). Responsable: Manuel Ruiz Villareal (Centro Oceanográfico de A Coruña, IEO).
  3. Hidrografía e dinámica (variabilidade da temperatura, salinidade e correntes). Responsable: Gabriel Rosón Porto (Dpto. de Física Aplicada, UVI).
  4. Fertilización e acidificación (variabilidade química das augas da plataforma continental e as rías). Responsable:  Carmen G. Castro / Aida F. Ríos (Dpto. Oceanografía, CSIC).
  5. Fitoplancto (biomasa, taxonomía e producción). Responsable: Manuel Varela (Centro Oceanográfico de A Coruña, IEO) e Francisco G. Figueiras (Dpto. de Oceanografía, CSIC).
  6. Zooplancto (biomasa e taxonomía). Responsable: Antonio Bode (Centro Oceanográfico de A Coruña, IEO).
  7. Peces (aparición e desaparición de especies). Responsable: Rafael Bañón (CEPAM-R).
  8. Marisqueo (análise de capturas, de episodios de elevada mortalidade e límites de tolerancia en especies de especial interese comercial). Responsables: José Molares e Juan Blanco (CIMA).
  9. Acuicultura do mexillón (análise do índice de condición, períodos de cerre de polígonos e límites de tolerancia). Responsable: María José Fernández Reiriz (Dpto. de Biotecnoloxía e Acuicultura, CSIC).
  10. Sardiña (análise de tendencias nas capturas a escala rexional e de Galicia, estudio das relacións cos factores climáticos e oceanográficos). Responsables: Carmela Porteiro y Begoña Santos (Centro Oceanográfico de Vigo, IEO).
  11. Polbo (análise de tendencias nas capturas a escala rexional e de Galicia, estudio das relacións cos factores climáticos e oceanográficos). Responsable: Ángel Guerra (Departamento de Recursos e Ecoloxía Mariña, CSIC).