FAQ do seguimento das cianobacterias
Microorganismos pertencentes ao grupo das bacterias pero que teñen características parecidas ás algas microscópicas e son capaces de realizar a fotosíntese como as plantas. Tamén son coñecidas como algas verdeazuladas.
Son capaces de producir sustancias tóxicas para o home, velaí a súa importancia.
E unha gran acumulación destes microorganismos fitoplantonicos debida a un crecemento e multiplicación acelerada. É un fenómeno natural frecuente en encoros e lagos de zonas tépedas como a nosa. Acontecen sobre todo na época estival, favorecidas polo incremento das horas de luz e a temperatura, en augas con pouco movemento e alto contido en nutrientes (nitróxeno e fósforo).
Por una banda problemas de carácter ambiental (malos olores, mal aspecto, efectos negativos sobre a fauna e flora...) e por outra problemas sanitarios (risco de produción de toxinas).
Pola capacidade para producir toxinas, as proliferacións de cianobacterias son especialmente relevantes cando acontecen en lagos ou encoros destinadas o uso recreativo (baño e/ou deporte) ou á produción de auga potable.
Non, xa que non todas as especies de cianobacterias teñen a capacidade de producir toxinas. Ademais, nas que teñen esa capacidade, a produción de toxina non ten por que ser constante, pode darse só nun momento puntual. Tense estudadas proliferacións con toxicidades significativas e outras sen ningún tipo de toxicidade.
Non, e é moi importante non confundir a presenza da cianobacteria coa presenza da toxina.
A cianobacteria é un microorganismo que pode producir unha sustancia química con certa toxicidade (toxina).
Por poñer un exemplo, nunca deberá confundirse Microcystis (a cianobacteria) coa microcistina (a toxina).