Este grupo comprende as masas de auga de transición (augas mariñas próximas a desembocadura dos ríos, cunha notable influencia de fluxos de auga doce) e as masas de auga costeiras (situadas desde a liña de costa ata unha milla náutica).
As redes de control e seguimento das augas superficiais mariñas constitúen un instrumento de control e información da evolución da calidade da auga e do estado dos ecosistemas mariños mediante o uso de indicadores biolóxicos, hidromorfolóxicos e físicoquímicos, cumprindo as seguintes funcións:
Co obxecto de cumprir os requisitos da Directiva Marco da Auga, diferenciamos dous tipos principais de Redes de Seguimento:
O deseño desta rede foi dirixido a realizar un control sobre o número de masas de auga suficientes como para constituír unha visión global do estado das augas mariñas galegas.
Se os resultados obtidos nalgunha estación de vixilancia indicasen que algunha das masas mariñas controladas se atopase en risco de incumprir obxectivos ambientais, deberá establecerse ou incorporarse unha estación da Rede de Control Operativo.
Está constituída por 86 estacións, das cales 39 sitúanse en augas costeiras e 47 en augas de transición.
Comprende todas as estacións situadas coa finalidade de realizar un seguimento das masas de auga en risco seguro de non alcanzar os obxectivos ambientais fixados na DMA, e as estacións situadas nas masas susceptibles de recibir descargas de substancias catalogadas como prioritarias.
Deste xeito, o número de estacións de control estableceuse en función dos puntos de vertido en cada masa de auga. Cando o vertido é importante ou si hai varios vertidos considerouse necesario incluir máis estacions de mostraxe.
Está constituída por 14 estacións, 12 en masas de auga costeiras e 2 en masas de auga de transición. Coinciden con outras 14 estacións da rede de control de vixilancia