As augas continentais comprenden todas as masas de auga estancadas ou correntes da superficie do solo, exceptuando as augas de transición mariña. Dentro deste grupo inclúense augas naturais como ríos e lagoas, e artificiais ou moi modificadas como canles, encoros e lagos artificiais.
As redes de control e seguimento das augas superficiais continentais conforman un instrumento de control e información da evolución da calidade da auga e do estado dos ecosistemas acuáticos mediante o uso de indicadores biolóxicos, hidromorfolóxicos e físicoquímicos, e cumpren as seguintes funcións:
Co obxecto de cumprir os requisitos da Directiva Marco da Auga, diferenciamos catro tipos principais de Redes de Seguimento:
Rede que comprende unha serie de estacións establecidas co obxecto de cubrir a representatividade das masas de auga, ofrecendo unha visión xeral do estado das augas do ámbito territorial de Galicia Costa.
No caso de que os resultados obtidos nalgunha estación de vixilancia indicasen que algunha das masas de auga controladas se atopase en risco de incumprir obxectivos ambientais, deberá establecerse ou incorporarse unha estación da Rede de Control Operativo.
Actualmente está constituída por 57 estacións.
Rede de Control Operativo.
Engloba a todas as estacións situadas co fin de realizar un seguimento en masas de auga en risco seguro de non alcanzar os obxectivos ambientais fixados na DMA. Ademais abranguen as estacións situadas nas masas susceptibles de recibir descargas de substancias catalogadas como prioritarias.
Se nos resultados dos controis se constata que a masa de auga está en estado "peor que bo", deberanse deseñar programas de medidas co obxecto de alcanzar os obxectivos ambientais.
Actualmente está constituída por 30 estacións.
Constitúe unha rede de seguimento establecida co fin de determinar as condicións de referencia; e dicir, as que corresponderían aos diferentes tipos de masas de auga (ríos, lagos, masas moi modificadas, artificiais, etc.) e ecotipos (tipos ecolóxicos) en condicións inalteradas ou mímicamente alteradas, para obter a valoración de moi bo no seu estado ou potencial ecolóxico.
Actualmente está constituída por 15 estacións.
Rede de Control de Investigación.
Se trata dun tipo de rede establecida como un esforzo temporal de mostraxe para dar resposta a episodios de contaminación, ou masas de auga con risco de incumprimento dos obxectivos ambientais cando se descoñece a causa deste incumprimento, polo que o seu deseño irá en función do problema a estudar.
Actualmente se enmarca dentro desta rede o seguimento integral da cunca do Umia.