O obxectivo principal deste subprograma é a clausura, selado e rexeneración dos vertedoiros de Residuos Sólidos Urbanos espallados pola xeografía galega, que no vaian seguir sendo empregados, co fin de elimina-los focos de contaminación que ocasionan estes vertidos.
Con esta medida, ademais de elimina-la contaminación,a zona afectada rexenérase de modo que queda integrada de novo no medio.
As actuacións de selado e clausura en cada vertedoiro contemplan:
Os criterios das actuacións de selado e clausura establécense de acordo coa Directiva 1999/31/CE do Consello de 26 de abril de 1.999 relativa ó vertido de residuos.
As medidas de protección ambiental que se adoptan en cada actuación inclúen os seguintes elementos:
Ademais das sucesivas capas de selado as obras inclúen unha serie de instalacións para completa-lo labor de rexeneración do vertedoiro.
A actuación de clausura, selado e rexeneración dun vertedoiro ten 3 fases:
Clausura: O vertedoiro é clausurado polo Concello que busca outras alternativas máis respectuosas co Medio Ambiente para elimina-los residuos.
Selado: Execútanse as obras de selado do vertedoiro para elimina-la contaminación dos residuos e rexenérase ambientalmente a zona afectada polo vertedoiro.
Estableces un Plan de Seguimento e Control Ambiental co fin de:
Verifica-la avaliación inicial dos impactos, concretando polo miúdo os parámetros de seguimento da calidade dos factores ambientais afectados.
Controla-la realización das medidas correctoras propostas no Estudio de Impacto Ambiental.
Proporcionar información sobre a calidade e eficacia das medidas correctoras aplicadas, así como, a non xeración de fontes contaminantes.