Reperfilado: O primeiro paso é conseguir unha configuración estable dos residuos, ó mesmo tempo se pretende reducir o área de afección do vertedoiro.
Capas de selado: O seguinte paso é illar a masa de residuos do entorno para elimina-la contaminación. Un esquema de estas capas pode consultarse na imaxen desta páxina. Agora detallaremos cada unha das capas:
![](/gaiaPlataforma/downloadDocument?code=17046c8a-dc21-4fed-9f1d-3f231384b683&name=obras_vertedero_1.jpg)
- Capa de drenaxe de gases: Só se executa para un sistema de extracción de gases pasivo. A súa función é a de conducir os gases xerados pola materia orgánica dos residuos ata o exterior. Hai dúas posibles solucións técnicas: extensión de lámina de xeodren ou capa de material granular.
![](/gaiaPlataforma/downloadDocument?code=bb068f30-3bad-4b32-81bb-58bbd3f259fb&name=obras_vertedero_2.jpg)
- Capa de impermeabilización: A función principal desta capa é illar a masa de residuos da auga de choiva, para evita-la contaminación destas augas. Existen varias solucións técnicas, as máis comúns son: extensión de lámina de PEAD, composto bentonítico ou capa de arxila, que aseguren a impermeabilidade suficiente para a auga de choiva.
![](/gaiaPlataforma/downloadDocument?code=a5efedfc-10bb-4d9c-abec-a481a9c854af&name=obras_vertedero_3.jpg)
![](/gaiaPlataforma/downloadDocument?code=449d200a-df36-4ff8-8ac1-eba4a4ea5e32&name=obras_vertedero_4.jpg)
![](/gaiaPlataforma/downloadDocument?code=118b93a9-2cc4-4541-974b-f6230de10891&name=obras_vertedero_5.jpg)
![](/gaiaPlataforma/downloadDocument?code=4810d7e7-96fa-4ab1-947b-3c11daad02ac&name=obras_vertedero_6.jpg)
- Capa drenaxe pluviais: A función desta capa é conduci-la auga de chuvia que chegue á superficie do vertedoiro ata fora del. Hai varias solucións: extensión de lámina de xeodren ou capa de grava.
![](/gaiaPlataforma/downloadDocument?code=6b8f12a3-cd75-41ce-9097-f9437e18ec57&name=obras_vertedero_7.jpg)
- Capa de solo e terra vexetal: Esta última capa ten como función o sustento da vexetación sobre o vertedoiro clausurado.
![](/gaiaPlataforma/downloadDocument?code=79446a05-ed13-4d4e-9ca8-2af664458b55&name=obras_vertedero_8.jpg)