Tras un pormenorizado estudio sobre a problemática existente debido á frecuente presencia de colectores de residuos (vidro, papel, orgánicos, briks, latas e plásticos) nas vías públicas, decidiuse desenvolver un sistema mecanizado, que consiste en soterrar os actuais colectores de superficie, para mellora-lo aspecto estético das vías urbanas.
Estes colectores estarán destinados á recollida selectiva e ó almacenamento temporal de:
As seguintes imaxes corresponden á instalación de contedores en Cambados (Pontevedra):
A xestión dos Colectores Soterrados será competencia do concello no que se sitúe o mesmo tal e como se contempla no convenio a asinar entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello en cuestión. A xestión inclúe o mantemento dos colectores soterrados así como a posterior evacuación dos residuos como sexa pertinente segundo a tipoloxía dos mesmos.