Obxectivo
Fundamentalmente a vía cara ó crecemento da reciclaxe debe consistir na separación en orixe de residuos limpos e na recollida destes residuos en colectores separados.
Preténdese consegui-la implantación xeneralizada de sistemas de recollida selectiva no ámbito doméstico.
Obxectivos particulares da instalación de colectores soterrados:
Coa creación de colectores soterrados perséguese:
	- Mantemento e recuperación da estética urbana (lugares turísticos, históricos, monumentais, parques...)
 
	- Ocultación á vista dos colectores habituais de superficie.
 
	- Adaptación de bocas de vertido ó mobiliario existente na zona (pedra, fundición, madeira...)
 
	- Aforro do gasto de recollida, ó poder aumentar a capacidade de almacenamento.
 
	- Aforro do gasto de reposición de colectores, ó non estar estes expostos ás agresións vandálicas e meteorolóxicas.
 
	- Recollida selectiva na orixe, con desaparición de olores, ó estar hermeticamente pechados.
 
	- Gran adaptación gradual á zona de emprazamento, podéndose colocar un número variable de colectores.
 
	- Evita-lo abandono de bolsas fóra dos colectores habituais.
 
	- Gran adaptación gradual á zona de emprazamento, podéndose colocar un número variable de colectores.
 
	- Sistema de sinxelo manexo e doado mantemento.