Os Premios Europeos de Medio Ambiente á empresa, convocados pola Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, teñen como obxectivo recoñecer públicamente a aquelas organizacións que coa súa actuación contribuiran ao cumprimento dos principios do desenvolvemento sostible e cuxos esforzos poidan supoñer un avance hacia un desenrolo económico e social que preserve o medio ambiente.
Os premios queren destacar aquelas políticas e prácticas, procesos e produtos de todos os sectores empresariais da Unión Europea, que axuden a avanzar ata un "desenvolvemento económico e social que non vaian en detrimento do medio ambiente e das reservas naturais, de cuxa calidade dependen o desenvolvemento e unha actividade humana continuada".
Creados en 1987 con motivo da celebración do Ano Mundial do Medio Ambiente, os premios convócanse bienalmente e a eles poden acceder organizacións de todos os países membros.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas coordina a Sección Galega destes premios, que son os galardóns máis prestixiosos no campo do desenvolvemento sostible empresarial, supoñendo para as empresas gañadoras un importante recoñecemento social.
As candidaturas presentadas á Sección Galega forman parte da Sección Española, sendo a Fundación Entorno-BCSD España a institución encargada da convocatoria e coordinación da dita Sección.