Inicio Participación Convenio Aarhus

Convenio Aarhus

O Convenio Aarhus

O Convenio sobre acceso á información, participación do público na toma de decisións e acceso á xustiza en materia de medio ambiente, coñecido normalmente como Convenio de Aarhus, é un tratado internacional que regula os dereitos de participación cidadá en relación co medio ambiente.

O Convenio sobre o acceso á información, a participación pública e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, asinado en Aarhus o 25 de xuño de 1998 e ratificado por España en decembro de 2004, obriga aos estados parte a informar do seu cumprimento mediante a presentación dun Informe Nacional de Cumprimento, en cuxa elaboración están implicadas todas as Administracións públicas cuxas actuacións teñan repercusión sobre o medio ambiente.

Mediante a decisión I/8, a Reunión das Partes do Convenio de Aarhus (Lucca, Italia, outubro 2002) estableceu un mecanismo de presentación de informes polo que se pide a cada parte que presente un informe en cada Reunión das Partes sobre as medidas lexislativas, reguladoras e outras medidas adoptadas para cumprir o Convenio e poñelo en práctica, de acordo cun formato de informe anexado á decisión.

INFORMES NACIONAIS DE CUMPRIMENTO: Pódense consultar os informes presentados por España Ligazón

INFORMES ESTATÍSTICOS: Informes estatísticos sobre a aplicación da Lei en materia de acceso á información ambiental, de obrigada elaboración segundo os disposto na disposición adicional oitava da Lei 27/2006:

Documentos