Estrutura da rede EIONET
A rede está formada por:
- Centros Temáticos Europeos (CTE): Desenvolven proxectos específicos e apoian a AEMA.
- Puntos Focais Nacionais (PFN): Son responsables das redes nacionais e da conexión a EIONET
- Principais Elementos Compoñentes das redes nacionais de información (PEC): Son aquelas institucións ou organismos que recollen e provén regularmente datos relativos á ciencia ou ó medio ambiente e están constituídas por:
- Centros Nacionais de Referencia (CNR): Institucións ou Organismos que son designados polos Estados membros para desenvolver labores de coordinación técnica e para cooperar coa Axencia en temas específicos. A súa vez os CNR serven de apoio ós Centros Temáticos Europeos proporcionando os datos e a información necesaria para que éstes poidan desenvolver o seu cometido.
- Puntos Focais Autonómicos (PFA): Son os responsables da coordinación das redes de cada Comunidade Autónoma e da súa conexión coa Rede EIONET española
- Outras institucións
A infraestructura básica da rede electrónica consta de 35 servidores implantados nos países miembros (PFN), nos Centros Temáticos Europeos e na sede da AEMA.
Así mesmo, creáronse os primeiros Grupos de Usuarios da Rede, constituídos en torno a certos temas de interese común co fin de axilizar o intercambio de información ambiental e conseguir unha maior eficacia na relación coa AEMA. Nos seus intercambios utilizan a ferramenta informática CIRCA, deseñada específicamente para esta función.
Servizos e produtos de EIONET
EIONET é ao mesmo tempo unha organización e unha rede telemática que utiliza os enlaces públicos de Internet. Este portal proporciona:
- Información organizada tematicamente: aire, natureza, solos, auga...
- Servizos de busca avanzada e multilingüe
- Sistemas de recuperación de información
- Información sobre a AEMA: organigrama, Programa de traballo, ofertas
- Accesos a todos os nodos da Rede
- Outros servicios: directorios, bases de datos, informes de medio ambiente.
A rede EIONET Española
O Punto Focal Nacional radica na Dirección Xeral de Biodiversidade e Calidade Ambiental do Ministerio para a Transición Ecolóxica.Os principais elementos compoñentes (PEC), desta rede son:
- Os Centros Nacionais de Referencia: Os Centros Nacionais de Referencia son aquelas Institucións ou Organismos que forman parte da categoría anteriormente descrita - os PECs - e que compoñen as redes nacionais de información de cada país. Son designados polos Estados membros para desenvolver labores de coordinación técnica entre os países e para cooperar coa AEMA en temas específicos. Estes Centros serven de apoio aos Centros Temáticos proporcionando os datos e a información necesaria para que estes poidan desenvolver o seu labor.
- Puntos Focais Autonómicos (PFA): Todas as Comunidades Autónomas nomearon ó Organismo que, dende a creación do Grupo de Usuarios da Rede EIONET, desempeña as funcións do PFA organizando os fluxos de información no ámbito territorial que lles compete e colaborando co Punto Focal Nacional nas actividades propias da Rede. A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é o Punto Focal Autonómico da rede EIONET (Rede Europea de Información e Observación do Medio Ambiente). É, polo tanto, o punto de contacto desta Comunidade coa Axencia Europea de Medio Ambiente.Os puntos focais autonómicos son os responsables da coordinación das redes de cada Comunidade Autónoma e da súa conexión coa rede EIONET española.
- Outras institucións que forman os principais elementos compoñentes da rede: Ademáis dos CNR e os PFA, na Rede intégranse outros organismos e institucións: universidades, centros de investigación, laboratorios, empresas, etc., cos cales se establece unha relación aberta dende os CNR e o PFN a fin de poder ampliar os fluxos da información medioambiental que se precisan.Como instrumento básico para o funcionamento da Rede EIONET séguese elaborando o Catálogo de Fontes de Datos, seguindo as pautas establecidas no seu día polo Centro Temático Europeo-CDS. O seu obxectivo é determinar QUÉN dispón de información ambiental, de QUÉ información se dispón e CÓMO está estruturada, é dicir, os datos precisos para crear unha metainformación fácil de consultar por tódolos integrantes da Rede.
A ferramenta CIRCA
Cos obxectivos de facilita-lo uso dos servizos de que dispón a Rede, de integrar nunha organización virtual tódolos seus nodos e de xerar unha interface sinxela para o usuario, deseñouse o software informático denominado CIRCA como instrumento único para toda a organización. Esta ferramenta desenvolveuse arredor do concepto de Grupo de Interese (G.I.), que é unha estrutura organizativa temática de traballo cooperativo. Calquera membro da Rede pode liderar un G.I. e pode constituílo con carácter público ou privado. Neste último caso, o acceso debe facerse por usuario e clave. Un G.I. ofrece, entre outros, os seguintes servicios:
- Biblioteca: permite dispoñer e manexar documentos multilingües, con control de versións.
- Novas e foros de discusión, restrinxidos ou públicos.
- Directorio de persoas e institucións de interese.
- Taboleiro de anuncios de reunións e eventos.