Inicio Contaminación acústica Mapas de Ruído e Plans de Acción Plans de acción

Acústica Planes

Plans de acción

A Directiva 2002/49/CE e o Real Decreto 1513/2005 establecen a obrigatoriedade de elaborar plans de acción para afrontar as cuestións relativas ao ruído e aos seus efectos, incluída a redución do ruído, se fose necesaria, nos lugares próximos aos grandes eixos viarios, grandes eixos ferroviarios, grandes aeroportos e respecto ás aglomeracións.

Os plans de acción seguen unhas fases de aplicación para a súa entrega e aprobación similar aos mapas de ruído.

Unha primeira fase en 2008. Na que se incluirán os plans para eixos viarios de máis de 6 millóns de vehículos ao ano, eixos ferroviarios con máis de 60000 circulacións ao ano, aeroportos con máis de 50000 operacións ao ano e as aglomeracións de máis de 250000 habitantes.

Unha segunda fase en 2013, actualizando os datos do 2008 e incorporando eixos viarios de máis de 3 millóns de vehículos ao ano, eixos ferroviarios con máis de 30000 circulacións ao ano e as aglomeracións de máis de 100000 habitantes. A seguinte fase corresponde en 2018, e así sucesivamente cada 5 anos.

Os plans de acción levarán: descrición da propiedade analizada, autoridade responsable, valores límite, estimación de persoas expostas ao ruído, medidas de mellora, estratexia a longo prazo, actuacións previstas, información xurídica e económica, e estimas de redución de persoas afectadas.

1ª Fase (2008):

2ª Fase (2013):