Publicouse no DOG nº 38, con data do 25 de febreiro de 2021 a Lei 6/2021 de residuos e solos contaminados de Galicia a cal entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Os obxectivos principais desta nova Lei son clarificar, unificar e simplificar o réxime que debe resultar de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia en materia de residuos, así como introducir novas medidas que axuden ou favorezan a consecución dos obxectivos impostos pola Unión Europea e a transformación da sociedade galega nunha sociedade impulsora da economía circular. Todo isto no ámbito do exercicio da potestade de desenvolvemento normativo e executiva que deriva das competencias autonómicas.
Esta Lei derroga os seguintes textos normativos autonómicos:
a) A Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia.
b) O Decreto 154/1998, do 28 de maio, polo que se publica o catálogo de residuos de Galicia.
c) O Decreto 59/2009, do 26 de febreiro, polo que se regula a rastrexabilidade dos residuos.