Inicio Lexislación ambiental

Consulta de lexislación

Boletín Oficial del Estado, 04-05-2022 , Núm. 106, Páx 61688

Real Decreto 309/2022, do 3 de maio, polo que se establece o mecanismo de compensación de custos indirectos para os sectores e subsectores industriais aos que se considera expostos a un risco significativo de fuga de carbono durante o período 2021-2030.

Data norma: 03-05-2022

Organismo: OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

Ámbito Normativo: Estatal

Rango legal: REAL DECRETO

Clasificación: AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Destinatario:Poderán acollerse ás axudas reguladas neste real decreto as persoas xurídicas do sector privado, incluídas ou non en RCDE, calquera que sexa a súa forma xurídica, sempre que cumpran os requisitos seguintes: a)Estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude. b)Realicen unha ou varias actividades ou fabriquen produtos destinados a comercialización e beneficio empresarial, nos sectores enumerados no anexo I das novas Directrices, baixo os códigos NACE que se explicitan no mesmo, os cales se atopan igualmente incluídos no anexo I do presente real decreto. c)Incorresen en custos de emisións indirectas de CO2, no ano precedente á convocatoria do mecanismo de compensación de axudas, como consecuencia dos custos indirectos soportados nos gastos de subministración destinados aos procesos produtivos.

Obxecto:Constitúe o obxecto deste real decreto o establecemento das bases reguladoras, conforme ao previsto na normativa da Unión Europea e nacional aplicable, do mecanismo de compensación de custos indirectos imputables ás emisións de gases de efecto invernadoiro, repercutidos nos prezos da electricidade, consecuencia da aplicación do cuarto período do réxime europeo de comercio de dereitos de emisión (en diante, RCDE), para determinados sectores e subsectores expostos a un risco significativo de fuga de carbono.

Convoca:Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática

Prazo:Vinte días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación do extracto BOE.

Ámbito:Estatal

Derrogada por :

Nome do documento Título Descargar
5d4b3ef3-b91b-4eeb-9e4c-81a4ea489acd RD 309-2022.pdf castelán
Título Data publicación
Título Data publicación
Título Data publicación
Título Data publicación