Inicio Lexislación ambiental

Consulta de lexislación

Diario Oficial de Galicia, 26-06-2006 , Núm. 121, Páx 10174

Orde do 15 de xuño de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.

Orde do 15 de xuño de 2006 pola que se desenvolve o Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. O Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, establece o órgano administrativo competente para outorgar as autorizacións reguladas nel, pero garda silencio sobre o órgano competente para acordar a inscrición das actividades suxeitas a este réxime de control administrativo. Pola súa parte, o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, atribúe a competencia para a tramitación das autorizacións de xestores e produtores de residuos na Subdirección Xeral de Calidade Ambiental, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pero tampouco prevé o órgano competente para acordar a inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. Por iso é de aplicación a previsión contida no parágrafo terceiro do artigo 12 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece a quen corresponde a facultade para instruír e resolver os expedientes atribuídos a unha administración, cando non especifica o órgano que debe exercela, neste suposto entenderase que corresponde aos órganos inferiores competentes por razón da materia e do territorio. A facultade para ditar as disposicións precisas para desenvolver o contido do Decreto 174/2005, do 9 de xuño, corresponde ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, de acordo coa atribución da súa disposición derradeira. Na súa virtude e de acordo co disposto no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, DISPOÑO: Artigo único 1. O órgano competente para coñecer e resolver os procedementos administrativos das actividades de produción e xestión de residuos suxeitos a réxime de notificación no Decreto174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia é a Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible correspondente ao lugar onde se realiza a actividade suxeita a inscrición. 2. No caso de que unha mesma empresa realice a súa actividade en distintas provincias, o órgano competente para coñecer e resolver os procedementos será a delegación provincial onde teña a sede social a empresa notificante. Neste suposto, no caso de que a sede social da empresa non radicase na comunidade autónoma de Galicia, o órgano competente para coñecer e resolver o procedemento será a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Disposición derradeira.- Esta orde entrará en vigor aos vinte días seguintes á súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2006. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvento Sostible

Data norma: 15-06-2006

Organismo: CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Ámbito Normativo: Autonómica

Rango legal: ORDE

Clasificación: RESIDUOS PERIGOSOS

Derrogada por : CONSULTAR_RELACIONADAS

Nome do documento Título Descargar
8f80fc07-7edc-49e2-9af3-1874c60e5c9a O15062006.pdf Galego
0afa223d-d794-4287-bffd-4cd35dd48f42 o15062006.pdf Castellano
Título Data publicación
Título Data publicación
048b1d89-2d49-48a4-8581-5696a21eca8f ORDE do 1 de abril de 2013 pola que se designan os órganos desta consellería competentes para a tramitación das comunicacións previas ao exercicio de actividades de produción e xestión de residuos previstas pola Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados. 08/04/2013
61e97a2b-3f47-4fd1-95b0-fba646a523c9 Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia. 29/06/2005
Título Data publicación
Título Data publicación