Inicio Lexislación ambiental

Consulta de lexislación

Diario Oficial de Galicia, 20-01-2026 , Núm. 12, Páx 5510

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial, en ámbitos non urbanos, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (códigos de procedemento IN421H e IN421P).

Data norma: 16-12-2025

Organismo: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Ámbito Normativo: Galicia

Rango legal: RESOLUCIÓN

Clasificación: AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Destinatario:Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas e as sociedades patrimoniais de tenza de valores inmobiliarios ou de arrendamento de inmobles, titulares de calquera dereito sobre un inmoble de carácter residencial, ou as comunidades e as mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou en edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obxecto:O obxecto destas bases é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalación de enerxías renovables que utilicen como fonte de enerxía a xeotermia, a hidrotermia, a aerotermia ou a enerxía solar térmica.

Convoca:Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

Prazo:Comezará o 9 de febreiro de 2026 ás 9.00 horas e rematará o 13 de marzo de 2026 as 23.59 horas.

Ámbito:Galicia

Derrogada por :

Nome do documento Título Descargar
9d6ba1aa-ea9f-483f-a5e7-a5e67fcde84e Res 16-12-2025IN421HP e_gl.pdf Galego
ea591cbd-6804-4ca3-bfe6-7efb25abdf8a Res 16-12-2025IN421HP_es.pdf Castellano
5f1ecc7e-6476-4c0b-ad60-079589881932 ExtRes 16-12-2025IN421HP e_gl.pdf Galego
b5a3c5cb-96d9-45c5-abba-cc3224b4af57 ExtRes 16-12-2025IN421HP_es.pdf Castellano
Título Data publicación
Título Data publicación
Título Data publicación
Título Data publicación