RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B).
Data norma: 05-06-2024
Organismo: PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
Ámbito Normativo: Galicia
Rango legal: RESOLUCIÓN
Clasificación:
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario:Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas que estean dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria e que sexan titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Obxecto:Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión de subvencións da Axencia de Turismo de Galicia para actuacións de eficiencia enerxética e economía circular, en réxime de concorrencia non competitiva, ás empresas turísticas no marco do Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento TU986B).
Convoca:Axencia de Turismo de Galicia
Prazo:Cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución
Ámbito:Galicia
Derrogada por :
| Título | Data publicación |
|---|
| Título | Data publicación | |
|---|---|---|
| 25141419-9961-4e29-a4a7-c933c63d533d | RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2025 pola que se amplía tanto o prazo de execución das actuacións e de xustificación como o crédito da anualidade de 2025, establecido pola Resolución do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B). | 14/04/2025 |
| 56dc64fa-2a35-4b50-aa8b-1f77b18248b0 | RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2024 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B). | 08/11/2024 |
| Título | Data publicación |
|---|