Inicio Lexislación ambiental

Consulta de lexislación

Boletín Oficial del Estado, 09-02-2022 , Núm. 34, Páx 16890

Real Decreto 113/2022, do 8 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento de accións de transferencia de coñecementos e información e adquisición de competencias en dixitalización, e para o asesoramento, xestión e substitución, destinadas ao sector agroalimentario, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020, e apróbase a súa convocatoria para os exercicios 2022 e 2023.

Data norma: 08-02-2022

Organismo: OUTRAS ADMINISTRACIÓNS

Ámbito Normativo: Estatal

Rango legal: REAL DECRETO

Clasificación: AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Destinatario:Poderán ser algunha das seguintes entidades, de ámbito nacional do sector agroalimentario e elevada representatividade no mesmo: a) Organizacións profesionais agrarias de carácter xeral e ámbito nacional e epresentativas segundo o artigo 5 da Lei 12/2014, do 9 de xullo, pola que se regula o procedemento para a determinación da representatividade das organizacións profesionais agrarias e créase o Consello Agrario. b) Confederacións intersectoriais de ámbito estatal representativas segundo establece o artigo 7 apartado 2 da Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social, que teñan como asociados a entidades de economía social do sector agroalimentario. c) Outras organizacións profesionais, independentes, privadas e sen ánimo de lucro, de ámbito estatal con establecementos en varias comunidades autónomas ou de ámbito de actuación estatal e con vinculación co sector agroalimentario.

Obxecto:Este real decreto é de aplicación en todo o territorio nacional e ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das subvencións contempladas no Programa Nacional de Desenvolvemento Rural de España 2014-2020 (PNDR), conforme aos artigos 14 e 15 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( Feader) e polo que se deroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello.

Convoca:Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Prazo:Indicado na correspondente convocatoria

Ámbito:Estatal

Derrogada por :

Nome do documento Título Descargar
9bc2af00-043b-4f67-852d-cee4ddf6d6a5 RD 113-2022.pdf galego
Título Data publicación
Título Data publicación
29816db0-1605-4135-8830-7e320340d6db REGULAMENTO (UE) Nº 1305/2013 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) Nº1698/2005 do Consello. 20/12/2013
Título Data publicación
Título Data publicación