RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para a execución de proxectos innovadores dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC (PEPAC) 2023-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR331B).
Data norma: 22-12-2023
Organismo: CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo: Galicia
Rango legal: RESOLUCIÓN
Clasificación:
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario:Poderán acceder á condición de entidades beneficiarias das subvencións obxecto desta resolución as persoas físicas ou xurídicas, incluídas as administracións públicas, que formen parte dun Grupo operativo da AEI-Agri (GO), constituído para a preparación e execución dun ou máis proxectos dirixidos á modernización do sector agroalimentario ou forestal, así como os grupos operativos da AEI constituídos como unha entidade xurídica.
Obxecto:Establecer as bases reguladoras e realizar a convocatoria das axudas para o exercicio 2024, para promover novas formas de cooperación para a execución de proxectos innovadores de grupos operativos da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de sustentabilidade e produtividade agrícola correspondentes á Intervención 7161 «cooperación de grupos operativos da AEI» do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC).
Convoca:Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Prazo:Un mes e contarase a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG.
Ámbito:Galicia
Derrogada por :
| Título | Data publicación |
|---|
| Título | Data publicación |
|---|
| Título | Data publicación |
|---|