ORDE do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
Data norma: 14-05-2021
Organismo: CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo: Galicia
Rango legal: ORDE
Clasificación:
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario:1. Poderán optar ás axudas previstas no artigo 2 da orde: a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas por apicultores que cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou algunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022.
Obxecto:Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
Convoca:Consellería de Medio Rural
Prazo:Un mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Ámbito:Galicia
Derrogada por :
Título | Data publicación |
---|
Título | Data publicación |
---|
Título | Data publicación |
---|