RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C).
Data norma: 04-11-2020
Organismo: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo: Galicia
Rango legal: RESOLUCIÓN
Clasificación:
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario:a) As persoas físicas que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva ou de vivendas e locais existentes nestes últimos edificios. b) As comunidades de persoas propietarias o as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal. c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
Obxecto:Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, para a anualidade 2021, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C). As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras deste programa contidas no Real decreto 737/2020, do 4 de agosto, publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 212, do 6 de agosto.
Convoca:Instituto Galego de Vivenda e Solo
Prazo:Desde o día 2 de xaneiro ata o 31 de xullo de 2021.
Ámbito:Galicia
Derrogada por :
| Título | Data publicación |
|---|
| Título | Data publicación | |
|---|---|---|
| 56397f0e-432e-476c-95fa-9dfb22b13c66 | RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2021 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións previsto no ordinal décimo oitavo da Resolución do 4 de novembro de 2020, pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C). | 19/11/2021 |
| f307043d-2a7c-4c03-ba1a-3a4797606cf8 | CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C). | 22/12/2020 |
| Título | Data publicación |
|---|