RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN848C).
Data norma: 17-12-2018
Organismo: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo: Autonómica
Rango legal: RESOLUCIÓN
Clasificación:
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario:a) As empresas, de calquera tamaño, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia. b) Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.
Obxecto:Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas do Programa Principia da Axencia Galega de Innovación e convocar as devanditas axudas para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva (código procedemento IN848C).
Convoca:Axencia Galega de innovación (GAIN).
Prazo:Tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DiOG.
Ámbito:Galicia
Derrogada por :
Título | Data publicación |
---|
Título | Data publicación | |
---|---|---|
2a667670-a4a1-42ec-815b-993d1b73a173 | CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN848C). | 21/01/2019 |
Título | Data publicación |
---|