RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2018 pola que se modifica o artigo 38 da Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.
Artigo único: modifícase o artigo 38.g) 6) último parágrafo que pasa a ter a seguinte redacción:
En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do referido prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos.
Data norma: 04-12-2018
Organismo: CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo: Autonómica
Rango legal: RESOLUCIÓN
Clasificación:
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario:Consultar a Resolución do 31 de decembro de 2017.
Obxecto:Consultar a Resolución do 31 de decembro de 2017.
Convoca:Axencia Galega de Innovación. Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Prazo:Consultar a Resolución do 31 de decembro de 2017.
Ámbito:Galicia
Derrogada por :
Título | Data publicación |
---|
Título | Data publicación |
---|
Título | Data publicación | |
---|---|---|
414af4db-ac1e-442e-b95b-ecf355bfc9b1 | RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema Rexional de Innovación, a través do apoio a proxectos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN852A). | 08/02/2018 |