Extracto da Resolución número 51911, do 6 de novembro de 2025 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas ao Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o 2026. (DP0031/2026)
Data norma: 06-11-2025
Organismo: OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo: Local
Rango legal: RESOLUCIÓN
Clasificación:
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario:Entidades privadas sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de entidades de carácter ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, creadas cunha antigüidade mínima de dous anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación da solicitude.
Obxecto:A concesión de axudas para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente (campañas de sensibilización, programas educativos, itinerarios pedagóxicos, promoción, difusión e/ou defensa dos valores ambientais, actividades de voluntariado ambiental, etc.) que se realicen no ano 2026, en réximen de concorrencia competitiva.
Convoca:Deputación Provincial da Coruña
Prazo:Do 15 de novembro de 2025 ao 16 de decembro de 2025
Ámbito:Local
Derrogada por :
| Título | Data publicación |
|---|
| Título | Data publicación |
|---|
| Título | Data publicación |
|---|