ORDE do 20 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT723A).
Data norma: 20-12-2023
Organismo: VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo: Galicia
Rango legal: ORDE
Clasificación:
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario:Poderán acollerse a estas axudas tanto as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, como as agrupacións destes que, aínda carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Neste último caso os terreos cinexéticos deberán ser lindeiros e estaren situados nunha mesma provincia. Para cada tecor só será admisible unha única solicitude.
Obxecto:a) Liña de actuacións nos terreos cinexeticamente ordenados coa finalidade de mellora de hábitats cinexéticos mediante a roza e trituración mecánica do mato, pase de grade, a emenda e/ou fertilización e sementeira de cereal e/ou leguminosas, de acordo coas indicacións contidas no anexo II. b) Liña de actuación para a construción de tobeiras artificiais en terreos cinexeticamente ordenados, de acordo coas indicacións contidas no anexo II.
Convoca:Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Prazo:Un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Ámbito:Galicia
Derrogada por :
Título | Data publicación |
---|
Título | Data publicación |
---|
Título | Data publicación |
---|