
Nota: Se o xestor comproba que o residuo non concorda coas características do que foi aceptado,rexeitarao e fará constar este feito no documento de control e seguimento.
- Varios tipos de residuos ao mesmo produtor. Os pasos a seguir son:
- O produtor subscribe,cubre e asina o documento de control e seguimento(SXCR-3).
- Unha vez conformado o documento coa sinatura e o selo do produtor e do transportista,o produtor conservará unha copia provisional(amarela) que lle servirá como xustificante da entrega do residuo e entregaralle 4 copias ó transportista.
- O transportista entrégalle os residuos ó xestor autorizado xunto coas copias branca,rosa,azul e verde do documento(SXCR-3).
- O xestor comproba os datos do documento(SXCR-3)e, se acepta os residuos subscribe o dito documento, asumindo entón a titularidade do residuo:
- Devolve ó transportista a copia de cor verde.
- A copia de cor rosa envíalla ó produtor no prazo de 1 mes.
- A copia de cor azul, envíalla á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
- A copia de cor branca queda en poder do xestor.

Nota. Se o xestor comproba que o residuo non concorda coas características do que foi aceptado,rexeitarao e fará constar este feito no documento de control e seguimento.