Inicio Contaminación acústica Concellos Municipios con Ordenanza

Acústica Concellos Ordenanza

Concellos con ordenanza

O Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, no seu artigo 9, establece un prazo dun ano para que os municipios de Galicia adapten as súas ordenanzas á normativa básica estatal e autonómica.

Segundo o artigo 9 indicado do Decreto autonómico e a súa disposición adicional única, habilítase á Consellería para aprobar, mediante orde, unha proposta de ordenanza de protección contra a contaminación acústica nun prazo de 9 meses. Proposta que poderán adoptar os municipios que así o desexen.