Inicio Contaminación acústica default text Equipos de medida

Acústica Xeral Equipos Medida

Equipos de medida

Instrumentación para medicións acústicas

Sonómetro:

Instrumento de medida composto por:

  • Micrófono
  • Amplificador
  • Indicador de medida dos niveis sonoros.

Os sonómetros denomínanse sonómetros integradores, que ademais de medir niveis de presión sonora operan con valores nun período de tempo determinado e obteñen o valor de presión sonora equivalente (valor que no mesmo período de tempo xeraría unha enerxía equivalente á dos diferentes valores instantáneos medidos). Característica que actualmente aplícase para todos os equipos.

En función do grado de erro na medida, os sonómetros poden ser de Tipo 1 ou de Tipo 2. Os de Tipo 1 son utilizados en enxeñería e inspeccións, ao ser os únicos con validez legal a nivel xudicial; e os de Tipo 2 atópanse en desuso, pois eran utilizados para medidas de observación ambiental, e aínda que a diferenza non era substantiva, acutalmente suxírese a utilización dos outros.

Analizador de espectros:

Instrumento de medida capaz de medir niveis de presión sonora discriminando as  ondas de diferentes frecuencias (bandas de espectro) que forman a onda sonora. Pode ser:

  • Secuencial: Mide niveis globais de ruído e tamén pode medir en bandas de oitavas realizando varridos en frecuencia, analizando o sinal banda a banda. O sinal debe ser estable no tempo
  • De tempo real: Analiza o sinal simultaneamente en todas as bandas. 

Estacións de monitorizado:

Son un tipo de sonómetro preparados para intemperie, e que teñen un sistema de comunicación que permite avaliar datos en tempo real.

Calibrador acústico:

Instrumento empregado no equipo de medida antes e despois de realizar as medicións. Clasifícanse tamén en tipos como os sonómetros e empregarase un da mesma precisión ou maior que o equipo de medida a calibrar.