Inicio Listado novas A Xunta mantén ...

A Xunta mantén os traballos de mantemento e conservación da biodiversidade no Parque Nacional das Illas Atlánticas

COVID-19

Para a conservación dos valores naturais que atesouran os diferentes illotes que conforman o único parque nacional na Comunidade galega é necesario manter un mínimo de actividade cun grupo reducido de axentes que traballen en tarefas imprescindibles de conservación, vixilancia e mantemento. Neste sentido, ao longo deste período de confinamento, os axentes medio ambientais manteñen tarefas como a detección temperá de fauna exótica invasora (principalmente, o visón), seguimento e avistamento de fauna: lontra, aves, mamíferos mariños, co fin de detectar posibles varamentos, así como o control de rebrote e aparición de flora exótica. Outras tarefas que tamén se manteñen son as silvícolas, co fin de manter as condicións óptimas que permitan a nidificación das aves mariñas nas illas do Parque Nacional. Os axentes tamén realizaron rondas de vixilancia en Ons, para comprobar o estado dos veciños confinados na illa e facilitarlles alimentos ou medicinas, que os familiares dos veciños confinados en Ons achegaron ao peirao de Bueu. A Xunta traballa para prolongar a tempada alta no conxunto do Parque Nacional das Illas Atlánticas até o 15 de outubro.

Ligazón