Inicio Listado novas Día Mundial dos...

Día Mundial dos Océanos - 8 de xuño

Día Mundial

O océano cobre máis do 70% do planeta. É a nosa fonte de vida e sustento da humanidade e de todos os demais organismos da terra. Reimagina, tema do Día Mundial dos Océanos 2026, convídanos a cambiar a forma en que vemos e coidamos o océano. Durante moito tempo percibímolo como algo afastado, cando en realidade forma parte da nosa vida diaria: do aire que respiramos, dos alimentos que consumimos e do equilibrio climático que fai posible a nosa existencia. Deixemos de ser simples beneficiarios dos seus recursos e convertámonos en verdadeiros gardiáns do seu futuro.

Ligazón