O Día Europeo dos Parques, nesta edición 2026 co lema “Conectados pola Natureza” quérese destacar como as nosas áreas protexidas, comunidades locais e paisaxes están conectados pola natureza, e como a conservación funciona cando a natureza e as persoas están conectadas máis aló das fronteiras. O tema deste ano convida as áreas protexidas de Europa a organizar eventos e actividades para mostrar como a conectividade ecolóxica fortalece os nosos espazos naturais e a nosa calidade de vida.