No Día Internacional da Biodiversidade, baixo o lema “Acción local para un impacto global”, ponse no centro unha idea poderosa: os grandes cambios comezan a pequena escala. O éxito deste plan para evitar a perda de biodiversidade depende da forza das accións locais, do compromiso de comunidades, organizacións e gobernos traballando conxuntamente.