O obxectivo principal desta norma é ampliar a vixencia dos plans de xestión aprobados para o trienio 2024-2026, nun período de tempo suficiente para que se proporcione estabilidade xurídica e administrativa ao sector durante o período de recuperación das poboacións de moluscos bivalvos comerciais que, en xeral, podese establecer nun marco temporal de 2 a 4 anos. En todo caso, resulta necesario que se concentre o esforzo técnico e administrativo na mellora da situación ecolóxica dos bancos marisqueiros para que a recuperación das poboacións de moluscos bivalvos se realice nas mellores condicións posibles.
Prazo para remitir achegas/opinións ata 25/05/2026