Inicio Listado novas Consulta públic...

Consulta pública do borrador do Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sustentabilidade 2026-2032

Participación pública

Publicado o borrador de Plan de Acción de Educación Ambiental para a Sustentabilidade (PAEAS) 2026-2032 da Administración Xeral do Estado. No caso deste novo PAEAS, non hai un único documento, senón tres: un para a AXE, outro para comunidades e cidades autónomas e outro para entidades locais. O que se publica hoxe é o da AXE, que será elevado a Consello de Ministros. Os outros dous están a seguir senllos procesos no seo dos seus correspondentes grupos de gobernanza do PAEAS para ser aprobados e difundidos.

Ligazón

Aberto ata o 20 de maio de 2026.