ACORDO do 6 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e o estudo de impacto ambiental da liña de alta tensión LAT 132 kV SE PE As Penizas-SEC Paraño, situada nos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Beariz (Ourense), e promovida por Engie Proyecto As Penizas, S.L. (expediente IN408A 2021/003).
Prazo: trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.