ACORDO do 30 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico AMR 7 PE Arnoia e as súas infraestruturas de evacuación, situadas nos concellos de Cartelle, A Arnoia, Castrelo de Miño e Gomesende, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2023/001).
Prazo: trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.