Inicio Listado novas Proxecto sector...

Proxecto sectorial para ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situadas en Alvedro, concello de Culleredo.

Avaliación ambiental estratéxica simplificada

Está a súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Proxecto sectorial para ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situadas en Alvedro, concello de Culleredo. Promotor: Lots, Land & Rent S.L. (GRUPO CAAMAÑO). Expediente: 2019AAE2408. Código web: 2274/2019. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.

O prazo para esta consulta está aberto dende o día 21/11/2019 ata o día 29/01/2020, na seguinte Ligazón