Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Plan: Modificación puntual nº26 das Normas subsidiarias de planeamento municipal de Vilanova de Arousa para a reordenación urbanística e ordenación pormenorizada dunha zona en catálogo. Promotor: Concello de Vilanova de Arousa. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Urbanismo (Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas). Expediente: 2025AAE3050.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 27.1.2026 ata o día 10.3.2026 nesta LIGAZÓN