ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se corrixe o erro do Acordo do 18 de decembro de 2025 polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto do parque eólico Ferroedo, sito nos concellos de Bóveda e O Saviñao (Lugo), promovido por Ferroedo Eólica, S.L.U. (expediente IN408A 2024/016).