ANUNCIO do 29 de decembro 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública a solicitude de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.
Ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionada neste anuncio, e a documentación presentada xunto a ela, durante un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».
Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:
– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra, avenida María Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra.