ANUNCIO do 17 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, polo que se someten a información pública a solicitude de modificación substancial da autorización ambiental integrada e o proxecto dunha nova planta produtiva sustentable, avanzada e automatizada no concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña), promovido por Congalsa, S.L., declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 3 de febreiro de 2025.
Prazo de trinta (30) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG Núm. 249, Venres, 26 de decembro de 2025, Páx. 66287).
A dita documentación poderá consultarse no portal web da Consellería de Economía e Industria, a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/proxectos-industriais-estratexicos