ACORDO do 16 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e a declaración de utilidade pública, en concreto, da liña de alta tensión LAT 132 kV S.E. PE Suíme-S.E.T. PE Farelo, localizada nos concellos de Rodeiro e Agolada, promovida por Engie Proyecto Suíme, S.L.U. (expediente IN408A 2022/003).
Prazo: trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG.